domingo, 20 de mayo de 2012

GAÑADORA DO CONCURSO DE GENIALIDADES

En conmemoración del Día das Letras Galegas, os invitamos a escribir en familia una historia de humor con la que pudiésemos reirnos todos y pasar un buen rato. Os recordamos que todos los concursos en los que participeis, suman puntos, para ganar la Cámara de fotografía digital.
Hoy, ya tenemos la historia ganadora que fue enviada el 26/04/2012 a nuestro correo:

BENI, BEN E UN POSIBLE BE

Esta historia está baseada en feitos reais, e tan reais porque é a miña! O meu nome é Ben e teño dezasete anos, iso xa ven de herdanza porque o meu avó chamábase Benito, o meu pai Beni e ambos os dous tiveron tamén dezasete anos, ainda que fai tempo de iso. A peor parte levarala o meu fillo, que de seguro será a ovella da familia. As costumes dos pobos a veces xógannos malas pasadas, como lle ocurre ao fillo de Mariano, que por non podelo chamar Mari, podedes imaxinar cal é o seu nome. A verdade é que feo e un pouco porco sí que é, todo hai que decilo, asi que no fondo non lle queda del todo mal; ademais a miña avoa conta que cando naceu, a súa nai tiveron que fallerlle unha cesarea, porque o neno viña de cú. Eu penso que desde que nacemos estamos xa predestinados.

Os dous imos a mesma escola, ainda que en cursos diferentes, porque eu xa é o quinto ano que repito 1º da ESO, lo cal estase a converter nun grave problema estomacal. O mesmo que lle ocurre a miña nai cando come chourizo.

Adela, a titora, xa falou cos meus país e díxolles que tiñan que votarme unha man na casa, xa que isto non tiña fundamento. Eu teño que dicir, na miña defensa, que fago todo o que podo e non teño culpa se cada pouco queren cambiar os nomes ás cousas. Así non hai quen se aclare! Recordo que primero apareceu a CEE, logo coa UE desapareceron as fronterias e nese momento, apareceron os médicos dunha ONG, que supoño foron os que inventaron a penicilina. Como se non ían ser tan importantes? Ademais, a maioría das cousas que adoitan escribir nos libros non son verdade, como o caso do proceso de “hominización”. Isto é unha patraña dun sabichón que nos quere facer parvos…Se non que alguén me explique porque rodaron na miña aldea a peli do “Planeta Dos Simios”.

O caso é que meus país tomáronse moi en serio o dos estudos e axúdanme cos deberes ainda que moitas veces pelexan entre eles, porque os dous queren levar a razón. O outro día sen ir máis lonxe, pregunteilles cantos continentes había no mundo. A miña nai foi máis rápida en contestar, soupo a resposta de seguida, so tardou media hora e eso que ao tempo de pensar, estaba a facer a cea.  

-  Dous – contestou coma si estivera nun concurso da televisión – O de Ourense e o express, ainda que agora chámase Carrefour.

-Non, non, equivocácheste!– engadiu meu pai – agora non é un continente, é un planeta ou acaso non lembras que se chama Carrefour Planet?

Iso a miña nai non lle sentou moi ben, ela sentíase orgullosa dos seus coñecementos, mais esta vez tivo que morder os beizos e admitilo.

-Vedes? - Dixen eu aproveitando o momento - Dun día a outro cambian os países e asi non hai que poda aprobar un so exame.

Ninguén contestou asi que continuei coa seguinte pregunta: - Quenes reinaron en España no ano do descubrimento de América? - Nesta non tiven que pedir axuda, despois de cinco anos ca misma leria, xa a sabía de rechupete – Foron Isabel a Caótica casada con Felipe O Fermoso, chamado asi pola rosa que levaba en representación do seu partido político, o PSOE; e logo delegaron o trono en mans de Zapatero e desde entón o país entrou nunha gran crise – Eu si que son listo, dixen en alto ao tempo que meu pai dábame unha palmada no ombro con xesto de satisfación.

Entanto eu escribía como un tolo, a miña nai puso a cea sobre a mesa e foi entón cando meu pai deunos a boa noticia.

- Este verán imos facer unha gran viaxe! – Dixo todo cheo, tan cheo que non collía dentro dos pantalóns. – E esa locura a conto de que ven? – Dixo a miña nai cun sorriso de orella a orella.

– Mirade, encontrei unha oferta “Lacost” – Dixo con tono anglosaxón – Para que ententades, de baixo coste. O voo sae desde Vigo e levaranos ata Santiago de Compostela – Eu mireuno coma si fora un héroe e continuo dicindo: - O avión sae ás 10:00 da manán e tomaremos terra ás 10:10, do día seguinte, porque temos que facer escala en Madrid. Cando chegemos a Santiago, colléremos un taxi ata casa para vir buscar o coche e non ter que pagar alí un de alquiler. Qué vos parece o plan? – Concluiu esperando a nosa resposta, mentras eu pensaba que non había dous coma el. Deixome sorprendido ver como o planificara todo, non esqueceu detalle.

  Paréceme moi boa idea – apresurouse a dicir a miña nai despois de ler a información do hotel que o meu pai lle dera– Gústame o do avión pero non me convence moito o que pon eiquí sobre o aloxamiento en “Reximen completo”. Non te ofendas, pero eu para unha vez que saio da casa non penso facer dieta, así que será mellor este que di “Media pensión” - Dixo convencida – Non sei o que pensaredes vós, mais eu prefiro durmir so media noite que para xantar leitugas, xa teño a horta chea.

………………………………………………

Decirvos que xamás olvidarei esas vacacións. O mellor de todo foi que meu pai xa non tería que esperar ata os sesenta e cinco anos para deixar de traballar porque gañou o Xubileo, que a miña nai aprendeu a facer ximnasia repitindo todos os moventos das azafatas e, pese a que lle costou unha miga, logrou porse o salvavidas e a mascarilla no avión. E, en canto a min, foi o primer verán que non tiven que estudar, xa que Adela dixo que o meu non tiña cura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario