martes, 28 de febrero de 2012

GANADORA DE LA HISTORIA DEL QUINTO. Correo enviado con fecha 6/02/2012

NOME: ARIANNA FERNÁNDEZ VÉLEZ
CURSO: 1º ESO A


O NOME DO COLEXIO IES XESÚS FERRO COUSELO

Un día pola maña un neno chamado Nicolás decidiu visitar o seu novo colexio xa que se acababa de mudar a Ourense, como non coñecía a cidade, perdeuse. Polo camino atopou a un home maior moi extraño e como Nicolás era moi curioso, decidiu saudarlle.

Aquel home viulle na man un mapa e preguntoulle onde se dirixía e o neno díxolle que ía ao colexio Xesús Ferro Couselo. O ancián impresionado, empezoulle a contar a orixe daquel nome , pasaron moito tempo falando, ata que Nicolás deuse conta que aquel señor misterioso coñecía todo sobre Xesús. Dende aquel día, todas as tardes Nicolás e o home encontrábanse para charlar, mais o neno olvidouse de preguntarlle como se chamaba e ao facelo, díxolle que xa o sabía. Nicolás empezou a pensar ata que se rendiu. Entón, el levantose e cun sorriso, díxolle que se non o adiviñaba non lle diría o seu nome.

O pobre de Nicolás non se imaxinaba cal podía ser, ata que unha tarde na primaveira, despois de darlle moitas voltas, recordou que seu vello amigo coñecía todos os detalles da historia. Foi nese intre cando se percatou da relación que había entre os dous, así que sen pensalo, foi correndo ao parque no que sempre quedaban. Aquel día, no banco onde o home se sentaba, había unha carta dirixida ao rapaz que decía así:

“ Querido Nicolás, sinto moito non poder falar un minuto máis contigo, estoume facendo maior e necesito ver a alguén moi especial, espero que descubriras quen son, pero como eu o sei todo...O as adiviñado! Desexo que veñas visitarme ao cemiterio sempre que poidas e non te esquezas nunca de mín. Un saúdo.”

Nicolás, triste e desconcertado ao tempo, empezou a buscar información acerca de Xesús Ferro Couselo e levou as mans á cabeza cando leu que morrera no ano 1975. Non podía ser! As datas non coincidían ca actualidade, así que aquello tiña que ser un erro. Para comprobalo, foi a igrexa e buscou entre todas as tumbas unha que pusexe “Xesús Ferro Couselo”. Non tardou en atopala porque seus pés camiñaban sós, coma si souperan o camiño.

Nicolás nunca descubriu si de verdade aquel home do parque era el, pero sempre que pasaba por alí, sentía a súa brisa no aire. Ese día aprendeu que aunque perdamos algo ou a alguén especial, sempre queda o seu recordo no noso corazón. Dende entón escribiulle moitas cartas onde lle contaba o que lle acontera no novo colexio que levaba o seu nome e as deixaba no banco, porque el sabía que as lería.

                                                                           FIN

No hay comentarios:

Publicar un comentario